mércores, 27 de abril de 2016

SAN BRAIS

 O día de San Brais on nenos e nenas de 6º curso realizaron unha saída por Monforte.
 Realizaron un percorrido pola rúas do casco histórico onde tiñan que buscar cousas que se lle indicaba, para rematar na igrexa de San Vicente do Pino onde se lles explicou a tradición da bendición das roscas en Monforte. Bendecironlle as roscas e as cintas. Saimos e comemos as roscas para logo voltar ao cole andando.




domingo, 24 de abril de 2016

Club de lectura- Día do libro




Alumnado do club de lectura de 5º B recita o seu poema favorito do Libro "Os Soños na Gaiola"

 de Manuel María 





domingo, 17 de abril de 2016

Club lectura de 5º B





O alumnado do club de lectura GANDULÉS de 5º B escolleu para este mes a lectura do libro de Xabier do Campo "O misterio das badaladas".

Resume da obra

En Eiranova acaban de instalar un reloxo no campanario da igrexa. Xa desde a primeira noite este reloxo comeza a se comportar dun xeito un tanto extrano: as doce da noite non da as doce badaladas que sería de agardar, senón que da TRECE.Demostrado que non hai avaría que xustifique tan peculiar comportamento, Cristina e os seus amigos comezan a se interesar por desentrañaren o misterio da décimo terceira badalada.A aparición de sucesivas e raras pistas pon os rapaces no camiño da solución, cara á que avanzan penosamente pola complicación progresiva das mensaxes recibidas.Cando coñezan a causa de que o reloxo de Eiranova toque unha badalada de máis cada media noite, atoparanse cunha verdadeira sorpresa.



  Autobiografía do autor:

 "Nacín chairego e fillo de chairegos o 5 de abril de 1946 en Rábade (Lugo). Aos meus sete meses trasladámonos a Castro de Ribeiras de Lea, de alí era miña mai —meu pai de Xermar (Cospeito)—, onde fun por primeira vez á escola.     Pasando por enriba da etapa máis interesante da miña vida, a infancia, no comezo da adolescencia a familia enteira trasladouse a vivir á Coruña onde estudiei o bacharelato e maxisterio, sen perder nunca o contacto coa Terra Cha a onde regresabamos en calquera oportunidade por curta que fose a estancia.     Traballei como mestre en varios colexios e durante oito anos en Preescolar na Casa. Estiven sempre relacionado cos movementos de renovación pedagóxica.     Pertencín ao Consello de Redacción da Revista Galega de Educación. Dei cursos a profesores e lin ponencias en congresos sobre a didáctica da lingua e a literatura, sobre a lectura e a súa implantación escolar e social, sobre a narración oral, a súa estructura, a súa influencia na literatura escrita e a súa utilización didáctica, tanto en Galicia coma fóra. Estas actividades de reflexión sobre da narración oral, a escritura e a lectura leváronme a participar como conferenciante en eventos sobre tales temas en América en diversas ocasións.     Escribín libros de texto para a escola e textos de ensaio didáctico e pedagóxico.     Fun actor e director de teatro. Traballei durante sete anos en Radio Nacional de España en Galicia como guionista e como director de programas de diverso tipo e formato. Tamén escribín e dirixín obras para vídeo e para televisión. Dei cursos a profesores sobre a utilización didáctica de ambos medios.     Durante un tempo fixen diferentes actividades de narración oral en distintos lugares de Galicia e de fóra.     Participei na creación da Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil (GALIX) na que pertencín durante cinco anos á súa xunta directiva, dous deles como presidente.     Durante tres anos fun columnista semanal na prensa diaria".


En 1995 obtivo o Premio Nacional de literatura infantil e xuvenil por Cando petan na porta pela noite.

Máis información pinchando aquí

venres, 15 de abril de 2016

Con el ciclo del agua nuestros niños inventaron un cómic. Aquí, os presentamos algunos de ellos.


mércores, 13 de abril de 2016

Rivalidad entre Góngora y Quevedo

  La semana pasada, en la clase de Lengua, surgió el término sátira. Después de buscar su significado, los alumnas y alumnos de sexto de primaria hicieron un trabajo de investigación de dos escritores que la utilizaron: Góngora y Quevedo, pertenecientes al Siglo de Oro de la literatura española.
                                                                               
*De Quevedo a Góngora;                           Para que entendamos mejor esta sátira, incluimos
Érase un hombre a una nariz pegado,          foto de Góngora.(Fijaos en su nariz...).                                     
érase una nariz superlativa,
érase una nariz sayón y escriba,
érase un pez espada muy barbado.

Era un reloj de sol mal encarado,
érase una alquitara pensativa,
érase un elefante boca arriba,
era Ovidio Nasón más narizado.

Érase el espolón de una galera,
érase una pirámide de Egipto,
las doce tribus de narices era.

Érase un naricísimo infinito,
muchísimo nariz, nariz tan fiera
que en la cara de Anás fuera delito.