mércores, 30 de outubro de 2019

Excursión a Quiroga de 4º e 5º de primaria

Os nenos e nenas de 4º e 5º de primaria fomos de excursión a Quiroga. Pasamos un día xenial!!
Aprendemos moito sobre o proceso de elaboración do aceite de Bendollo e tamén visitamos o Museo Etnográfico de Quiroga.


                Pasámolo xenial e o importante foi que aprendemos moitísimo!!

Concerto da Escola de Música Moderna de Monforte

Fai uns días, foi un día xenial, porque tivemos no cole a oportunidade de escoitar un concerto ben divertido que nos viñeron ofrecer os mestres e mestras da Escola de Música Moderna de Monforte.

Escoitamos varios temas de diferentes estilos e tiñamos que adiviñalos. E por último como pedimos que nos tocaran outra, improvisaron no momento unha canción nova. Como vedes... ENCANTOUNOS!!!
PASÁMOLO XENIAL!!