martes, 23 de xuño de 2020

Ondas sonoras

Os nenos e nenas de toda primaria fixeron dous experimentos musicais relacionados coa propagación das ondas sonoras a través da auga e do aire. Deixámosvos un vídeo explicativo para que o podades facer na casa e tamén o noso traballo.

Esperamos que vos guste!

COPAS MUSICAIS







EXPERIMENTO MUSICAL





mércores, 18 de marzo de 2020

Excursión a Chantada de 4º de primaria

O día 11 de marzo fomos de excursión os nenos e nenas de 4º de primaria a Chantada. Alí o primeiro que visitamos foi a fábrica de galletas mariñeiras Daveiga. Visita relacionada co proxecto "Aliméntate ben" que desenvolve o cole, durante este curso.

A continuación, xantamos na área recreativa de Sangoñedo.

E por último, á volta visitamos o encoro de Belesar.


mércores, 11 de marzo de 2020

Visita ó casco histórico de 5º de primaria

Os alumnos e alumnas de 5º de primaria realizamos hoxe un percorrido polo casco histórico de Monforte. 
Visitamos o Parador, o Conxunto Monumental de San Vicente do Pino, a Praza de España e boa parte do casco histórico.