mércores, 30 de outubro de 2019

Excursión a Quiroga de 4º e 5º de primaria

Os nenos e nenas de 4º e 5º de primaria fomos de excursión a Quiroga. Pasamos un día xenial!!
Aprendemos moito sobre o proceso de elaboración do aceite de Bendollo e tamén visitamos o Museo Etnográfico de Quiroga.


                Pasámolo xenial e o importante foi que aprendemos moitísimo!!

Concerto da Escola de Música Moderna de Monforte

Fai uns días, foi un día xenial, porque tivemos no cole a oportunidade de escoitar un concerto ben divertido que nos viñeron ofrecer os mestres e mestras da Escola de Música Moderna de Monforte.

Escoitamos varios temas de diferentes estilos e tiñamos que adiviñalos. E por último como pedimos que nos tocaran outra, improvisaron no momento unha canción nova. Como vedes... ENCANTOUNOS!!!
PASÁMOLO XENIAL!!

xoves, 15 de decembro de 2016

"PREFIRO BAILAR TWIST"

Os nenos e nenas de 4º estamos a preparar un baile do Xabarín Club. Posto que o proxecto deste ano trata sobre A saúde, esta canción é moi axeitada, pois fala de que non  quere quedar  no sofá vendo a televisión e prefire levantarse e bailar!

Deixámosvos o enlace da canción e tamén o retrouso con pictogramas.




mércores, 23 de novembro de 2016

CANTÁNDOLLE AO MAGOSTO!

Xa que estamos no outono e comeza o frío, imos entrar en calor bailando e cantando. Deste xeito estamos en forma en cuarto! Exercicio e diversión!