martes, 23 de xuño de 2020

Ondas sonoras

Os nenos e nenas de toda primaria fixeron dous experimentos musicais relacionados coa propagación das ondas sonoras a través da auga e do aire. Deixámosvos un vídeo explicativo para que o podades facer na casa e tamén o noso traballo.

Esperamos que vos guste!

COPAS MUSICAIS







EXPERIMENTO MUSICAL





mércores, 18 de marzo de 2020

Excursión a Chantada de 4º de primaria

O día 11 de marzo fomos de excursión os nenos e nenas de 4º de primaria a Chantada. Alí o primeiro que visitamos foi a fábrica de galletas mariñeiras Daveiga. Visita relacionada co proxecto "Aliméntate ben" que desenvolve o cole, durante este curso.

A continuación, xantamos na área recreativa de Sangoñedo.

E por último, á volta visitamos o encoro de Belesar.


mércores, 11 de marzo de 2020

Visita ó casco histórico de 5º de primaria

Os alumnos e alumnas de 5º de primaria realizamos hoxe un percorrido polo casco histórico de Monforte. 
Visitamos o Parador, o Conxunto Monumental de San Vicente do Pino, a Praza de España e boa parte do casco histórico.

luns, 25 de novembro de 2019

Magosto 2019

O martes 19, celebramos no cole o MAGOSTO, que este ano polo tempo non puido ser no patio do cole. Aínda así o tempo non foi capaz de que deixáramos de pasalo xenial!!!
Primeiro os nenos de infantil fixemos xogos tradicionais no pavillón. Que ben o pasamos!!
 E pola tarde tocounos aos maiores que xogamos por quendas a seis xogos tradicionais:

A CORDA
O PANO
OS AROS MUSICAIS

O BRILÉ


O TIRASOGA
O TÚNEL POR RELEVOS
E despois de tanto xogar e pasalo super ben, chegou a hora de desfrutar dun chocolate quente boísimo con biscoitos e castañas.

Que rico estaba todo!!


domingo, 17 de novembro de 2019

Espectáculo de percusión e danza

O alumnado de 5º e 6º de primaria fomos ao salón de actos do edificio multiusos de Monforte a desfrutar dun espectáculo de perscusión e danza.



Excursión ós museos de A Coruña do alumnado de 6º

Os nenos e nenas de 6º de primaria visitamos os museos de A Coruña.



Pasámolo xenial!!

mércores, 30 de outubro de 2019

Excursión a Quiroga de 4º e 5º de primaria

Os nenos e nenas de 4º e 5º de primaria fomos de excursión a Quiroga. Pasamos un día xenial!!
Aprendemos moito sobre o proceso de elaboración do aceite de Bendollo e tamén visitamos o Museo Etnográfico de Quiroga.


                Pasámolo xenial e o importante foi que aprendemos moitísimo!!